O grupo de barrio do BNG dos Mallos pide un novo paso de peóns na Avda de Arteixo

O grupo de barrio do BNG dos Mallos pide un novo paso de peóns na Avda de Arteixo

A Coruña, 13 de febreiro de 2015- O grupo de barrio do BNG dos Mallos solicita un novo paso de peóns na avenida de Arteixo, pois desde o paso de peóns que vai do centro cívico ao centro de saúde dos Mallos até o seguinte paso hai 500 metros. Isto significa que as veciñas e veciños que necesiten cruzar cara o parque de Vioño ou desde aí á avenida dos Mallos teñen que percorrer unha distancia inaceptábel.

O grupo de barrio dos Mallos advirte de que a un e ao outro lado desta considerada vía rápida existen elementos de uso público como a piscina da Sardiñeira, un parque, unha escola infantil, farmacias, e diversos comercios e supermercados, amais dos xa citados centro cívico e centro de saúde. Así, a militancia nacionalista solicita, cando menos, un paso de peóns entre os xa existentes, pois consideran a situación actual unha desvantaxe para o barrio, fronte a outras zonas da cidade, como por exemplo, a Rolda de Outeiro na que existen pasos de peóns dispoñíbeis cada 150-200 metros.

A demanda do grupo de barrio do BNG dos Mallos, o Grupo Municipal do BNG presentará un rogo e unha pregunta para a resposta escrita co fin de que o Goberno local estabeleza o paso de peóns demandado pola veciñanza.

O grupo de barrio do BNG dos Mallos pide un novo paso de peóns na Avda de Arteixo