O Goberno municipal renuncia ao tranvía como transporte alternativo e aposta polo uso turístico

O Goberno municipal renuncia ao tranvía como transporte alternativo e aposta polo uso turístico

A Coruña, 19 de decembro de 2012.- O Grupo Municipal do BNG lamenta que o Goberno do Sr. Negreira destine case medio millón de euros para reparar a vía do tranvía turístico no tramo Torre-As Escravas, renunciando a facer do tranvía un medio alternativo ao vehículo privado tanto para a cidadanía como para os turistas. Os nacionalistas advirten de que o Goberno municipal se limita a perpetuar un servizo deficitario e o enriquecemento da Compañía de Tranvías, que obtén, tamén por este concepto, cuantiosos beneficios das subvencións municipais polo servizo de transporte urbano.

O Grupo Municipal do BNG, sen cuestionar en ningún momento a suspensión no seu día do servizo de tranvía turístico por motivos de seguridade, sempre foi partidario de aproveitar a suspensión deste servizo para redefinir e modernizar os tranvías de superficie como medio alternativo de transporte para turistas e para a veciñanza.

Os nacionalistas xa criticaran no seu día que o Goberno municipal lle encargase a elaboración do proxecto de reparación a unha empresa a través de contratación externa, alegando que non dispoñía de medios técnicos e persoas axeitados na Concellaría. E isto, tendo en conta que no propio Concello da Coruña hai persoal cualificado para tales fins, como evidencia o propio informe-proposta que foi á Xunta de Goberno Local o pasado mes e no que se indica literalmente, que ese proxecto é "supervisado... por el ingeniero de Caminos, Canales y Puentes municipal con el conforme del jefe de Departamento de Proyectos y Obras".

O Goberno municipal renuncia ao tranvía como transporte alternativo e aposta polo uso turístico