O Goberno Local gastará máis de 300.000 mil euros na cabalgata de 2015

O Goberno Local gastará máis de 300.000 mil euros na cabalgata de 2015

A Coruña, 20 de setembro de 2014.- Á vista do prezo de licitación do aluguer de carrozas para a cabalgata deste Nadal, 91.960 euros, o BNG sinala que o Goberno Local gastará máis de 300.000 mil euros na cabalgata de 2015. Un gasto que se suma a outros que se fan na época do Nadal, como os máis de 135.000 que se gastarán no poboado navideño de María Pita e os 422.441,25 euros que custa só a montaxe de iluminación ornamental do Nadal, e que mostran, máis unha vez, que o Goberno do Sr. Negreira vive de costas á realidade da maioría do pobo coruñés e das súas necesidades sociais e económicas.

O BNG salienta que o prezo de licitación do aluguer de carrozas, ao igual que o ano pasado, é un 40% máis que hai dous anos e un 160% máis que o anterior mandato.

Lembran as nacionalistas que a cabalgata de 2014 ascendeu a cáseque 365.000, xa que ademais do aluguer de carrozas que finalmente se adxudicou por 79.860 euros, o resto de gastos da cabalgata sumaron os 284.986,63 (achégase anexo dos gastos realizados na cabalgata de 2014 por parte do IMCE).

Por outra banda, o BNG subliña que non podemos esquencer os datos dos gastos que mostraba a recente aprobada Conta Xeral de 2013, que sinalaba que o IMCE, que é quen licita o contrato de aluguer das carrozas, gastou en festas durante o 2013 a cantidade de 3.560.130 euros.

Estes dispendios mostran o lonxe que o Goberno do Sr. Negreira está da realidade da maioría da poboación coa súa insistente e inhumana política de pouco pan e moito circo.

O Goberno Local gastará máis de 300.000 mil euros na cabalgata de 2015