O Goberno do Sr. Negreira paga 250.000 euros por expoñer os coches de Jove

O Goberno do Sr. Negreira paga 250.000 euros por expoñer os coches de Jove

xose 4A Coruña, 4 de abril de 2015.- O Goberno Local non só lle cede á Fundación Jorge Jove terreos en zona verde onde non se pode construír (porque se trata de solo rústico protexido de protección urbanística), senón que ademais paga 253.193,97 euros para o desenvolvemento da exposición sobre o Museo de Automoción e Historia que se está a desenvolver estes días en Expocoruña. E todo isto por conta do erario municipal público e a cambio de que, pregúntanse as nacionalistas.

O Grupo Municipal do BNG tivo acceso recentemente a unha resolución asinada pola tenente-alcalde de Emprego, o 19 de marzo, na que se adxudica por procedemento negociado á Fundación Jorge Jove a contratación da cesión do material expositivo, por un importe de 72.600 euros (ive incluído), para a exposición “O Motor da Historia. Presentación Museo Automoción e Historia”. Alén disto, noutra resolución asinada pola tenente-alcalde de Facenda o 19 de marzo, o Goberno Municipal contrata por procedemento negociado o aluguer de instalacións para realizar a exposición á Fundación do Instituto Feiral da Coruña (IFECO) desde o 20 de marzo ao 14 de abril por un importe de 170.273,97 euros.

O orzamento total deste evento é de 253.193,97 euros. Diñeiro que costea o Concello da Coruña e que a Deputación da Coruña subvenciona, con carácter retroactivo, o 80%, é dicir 202.555,18 euros. E é que segundo unha resolución da tenente-alcalde de Emprego, María Luisa Cid, que ten como finalidade a solicitude de sinatura dun convenio de colaboración coa Deputación da Coruña, o Goberno Local solicítalle ao organismo provincial esta subvención con carácter retroactivo. A devandita subvención foi aprobada o pasado 27 de marzo no pleno da Deputación dentro do expediente do segundo modificativo de crédito da entidade provincial, xunto a unha axuda a favor da Fundación Jorge Jove por 38.974,88 euros para “Recuperación patrimonio. Centro de documentación”.

O Goberno do Sr. Negreira paga 250.000 euros por expoñer os coches de Jove