O Goberno do PP gasta cada vez menos en obras de investimento e mantemento nas escolas públicas

O Goberno do PP gasta cada vez menos en obras de investimento e mantemento nas escolas públicas

A Coruña, 17 de xullo de 2014.- O Grupo Municipal do Bloque Nacionalista Galego pon de manifesto que o Goberno Municipal cada vez gasta menos en obras de investimento e mantemento nas escolas públicas como sinala a memoria de xestión de 2013.

E é que tras as palabras desta mañá do concelleiro de Educación nas que presumía do investimento nos centros educativos públicos de primaria e infantil da cidade da Coruña, o certo é que os datos da memoria de xestión de 2013 son nidios e contundentes, como veñen pondo de manifesto as nacionalistas, xa que o Partido Popular está a gastar o 40% menos do que se investía nas escolas públicas.

As nacionalistas manifestan que o Partido Popular pode presumir da “colocación da porta de seguridade no Curros Enríquez” ou da “instalación da caneleta lateral no Fernández Latorre”, mais cando non se inviste en educación os números “cantan” e é por iso que, por exemplo, centros de educación da cidade como o Manuel Murguía ou o San Francisco Xabier, cunha elevada ratio de alumnado, seguen a día de hoxe sen patio cuberto.

O Goberno do PP gasta cada vez menos en obras de investimento e mantemento nas escolas públicas