Evidénciase que o PXOM está feito a medida dos grandes promotores

Evidénciase que o PXOM está feito a medida dos grandes promotores

A Coruña, 2 de outubro de 2013.- O Grupo Municipal do BNG advirte de que se vén de evidenciar que o Plan Xeral de Ordenación Municipal está feito a medida dos grandes promotores. Xa coñeciamos que o PXOM se elaborou tendo en conta os caprichos e desexos dos grandes promotores (como a mellora da meirande parte das súas alegacións ou o agasallo de 9 millóns a Jove a Collazo para a conexión do polígono de Vío coa Terceira rolda, entre outras moitas dádivas).

Agora sabemos que o Goberno municipal vai aplicar o PXOM non en función do interese xeral da cidadanía, senón en función, única e exclusivamente, das “necesidades” dos grandes promotores. E faino, expoñen as nacionalistas, mediante a interpretación que o Goberno municipal chama “flexíbel”, cando en realidade se trata dunha interpretación para non aplicar o Plan Xeral.

Polo menos, indica o BNG, o Goberno do Sr. Negreira é sincero ao recoñecer abertamente que mantén un “debe” con estes grandes promotores. Porén, por transparencia e publicidade, o Sr. Negreira debería explicar as consecuencias que terá para o conxunto da cidadanía este “debe” cos promotores (se estas consecuencias van afectar á porcentaxe de reserva para vivenda protexida e ao custo de urbanización dos sistemas xerais). As nacionalistas conclúen que quen teñen que estar agradecidos son os grandes promotores.

Evidénciase que o PXOM está feito a medida dos grandes promotores