A diferenza do Parrote, onde se podería pasar descalz@, o Camiño do Cura, nos Rosales, dá pena

A diferenza do Parrote, onde se podería pasar descalz@, o Camiño do Cura, nos Rosales, dá pena

camiño do curaA Coruña, 19 de outubro de 2014.- Que diferenza hai entre camiñar polo Parrote, no que se pode ir descalzo, a camiñar por algúns tramos do barrio das Roseiras, nos que son necesarias botas e pirauga, manifesta o BNG, que sinala que situacións como o estado do Camiño do Cura (achéganse fotos) reflicten que o Partido Popular desouve as necesidades dos barrios fronte ao centro, en concreto a zona do Parrote e da Mariña, no que se destinan os investimentos públicos.

O Grupo Municipal do BNG insta a que o Goberno Local adopte as medidas oporturnas para que se urbanice o Camiño do Cura. Un camiño frecuentado pola veciñanza das Roseiras e que cada vez que chove se encontra intransitábel.

A urbanización deste camiño de terra que vai entre a praza da Nosa Señora das Roseiras e a rúa Simón Bolívar é unha reivindicación de vello da Asociación Veciñal das Roseiras que leva trasladando a súa queixa da situación deste sendeiro desde os seus inicios como entidade.

O camiño é de propiedade privada, en concreto da empresa Petrogal, polo que as nacionalistas instan o Goberno Municipal a que realice as xestións oportunas coa empresa para urbanizar o camiño da súa propiedade. Se o fixo no Parrote en terreos que non son da súa titularidade, senón de titularidade de Autoridade Portuaria, nada impide que o Goberno do Sr. Negreira adopte as medidas acaídas para o facer aquí.

A diferenza do Parrote, onde se podería pasar descalz@, o Camiño do Cura, nos Rosales, dá pena