Confirmado o negocio de Xestur no Ofimático grazas ao Goberno local

Confirmado o negocio de Xestur no Ofimático grazas ao Goberno local

A Coruña, 6 de abril de 2015.- O Grupo Municipal do Bloque Nacionalista Galego denuncia que grazas á licenza concedida esta mañá en Xunta de Goberno Local, XESTUR poderá facer negocio coas parcelas Z- 14.1, Z-14.2 e Z-14.3 resultantes da división da parcela Z-14 do Ofimático.

Para o Bloque, confírmase que a modificación puntual do Plan Parcial do Ofimático foi feita para beneficio económico dos grandes promotores e da propia Xunta de Galiza, que con esta modificación obtiña un novo agasallo do Goberno Municipal e que neste caso se materializa coa concesión, na Xunta de Goberno Local desta mañá, da licenza urbanística para parcelación ou división do terreo matriz Z-14 procedente da xestión do Sector de Chan Urbanizábel 10 en tres parcelacións.

As nacionalistas salientan que con esta licenza de parcelación permitirallle a Xestur facer caixa pois onde antes había unha única parcela (Z-14), agora haberá tres parcelas (Z-14.1, Z-14.2 E Z-14.3) pensadas só para a súa “comercialización”, tal e como recoñece o proxecto de segregación.

Logo de todas as melloras de todas as condicións urbanísticas, malo será que agora XESTUR non faga negocio

O Grupo Municipal do Bloque lembra que a mellora das condicións urbanísticas recollidas na modificación puntual do Plan parcial do Ofimático e este proxecto de reparcelación chegan logo de dous intentos fallidos de XESTUR de venda da Z-14 completa.

As nacionalistas lembran que o Goberno Local melloroulle a ordenanza de aplicación cunha serie de mudanzas urbanísticas (mudando o uso principal de administrativo a terciario, alterando as condicións urbanísticas, alturas, parcelacións etc.) para facilitar a súa venda, logo de estimar as alegacións presentadas por Xestur á modificación do Plan parcial e para poder así a Xunta de Galiza facer caixa.

Confirmado o negocio de Xestur no Ofimático grazas ao Goberno local