O Concello debe exixir que A Coruña quede excluída da medida salvaxe da “barra libre” dos horarios

O Concello debe exixir que A Coruña quede excluída da medida salvaxe da “barra libre” dos horarios

compraA Coruña, 8 de xullo de 2014.- O Grupo Municipal do BNG manifesta que polo ben da Coruña e do pequeno e mediano comercio coruñés, o Goberno Local debe exixir que na tramitación parlamentaria do Real Decreto-lei 8/2014 no Congreso dos Deputados a cidade da Coruña quede excluída da medida salvaxe da “barra libre” dos horarios comerciais en zonas de grande afluencia turística. Debe aproveitar que a “provisionalidade” deste Real Decreto-lei determina a intervención do Congreso dos Deputados para a súa convalidación ou derrogación (artigo 86.2 da Constitución española) ou a posibilidade da súa tramitación como proxecto de lei (artigo 86.3 da Constitución española). Por esta razón, o Grupo Municipal insta ao Goberno Local para que se empregue este trámite no Congreso dos Deputados co fin de lograr a exclusión da cidade da Coruña da aplicación da citada medida salvaxe.

As nacionalistas pregúntanlle ao Sr. Negreira por que non solicitou, ao igual que os seus compañeiros de partido en Vigo, que A Coruña fose excluída da relación de cidades de grande afluencia turística que incorpora o anexo I do Real Decreto. Desta maneira non tería que aplicar a “barra libre” dos horarios comerciais que beneficia o grande comercio e as franquicias e prexudica o pequeno comercio que non pode contar con medios para operar en tales condicións e que o aboca a súa desaparición.

O BNG lembra que as razóns alegadas polo Partido Popular na cidade de Vigo para que non fose incluída a cidade olívica na relación de cidades onde se aplica esta medida de liberalización de horarios comerciais distan moito das reaccións optimistas do Goberno do Sr. Negreira. Así, o portavoz do Partido Popular en Vigo, José Manuel Figueroa, defendeu a non inclusión de Vigo polo temor á imposibilidade de competir do pequeno comercio coas grandes superficies, o que provocaría a perda de postos de traballo nos barrios. Na primeira proposta da Secretaría de Estado de Comercio aparecía Vigo entre as 14 novas cidades afectadas polo cambio, aínda que posteriormente Vigo caeu da relación logo da presión unánime do sector do pequeno comercio, que contou co apoio das forzas políticas do Concello de Vigo, mesmo do propio Partido Popular, como acaba de indicarse.

O Concello debe exixir que A Coruña quede excluída da medida salvaxe da “barra libre” dos horarios