O clientelismo do PP de Negreira é xustificado por Julio Flores en base a unha mentira

O clientelismo do PP de Negreira é xustificado por Julio Flores en base a unha mentira

A Coruña, 7 de febreiro de 2014.- Segundo se desprende do sumario, as contratacións que solicitou Julio Flores aos responsábeis do Grupo Vendex e que transcenderon pola investigación da Operación Pikachu, non responden en ningún caso ao auxilio humanitario nin a situacións de emerxencia social, alegadas polo Partido Popular para pretender xustificar o inxustificábel. Mesmo hai casos de recomendacións de persoas que xa estaban traballando. De modo que aquí, tamén, o clientelismo é xustificado por Julio Flores en base a unha mentira, tendo en conta que esa sensibilidade que considera natural e necesaria non era a respecto das persoas desempregadas senón a respecto só de persoas afins.

As causas alegadas polo Partido Popular para xustificar a contratación de persoas non responden nin a situacións de auxilio humanitario nin de emerxencia social, mesmo hai casos de recomendacións de persoas que xa estaban traballando

Así, tal e como se desprende do sumario (tomo VI, páxina 626 do pdf e 3662 e 3663 en papel), pódese comprobar que o que o 31 de agosto de 2011, cando o PP levaba un mes gobernando, Julio Flores trasládalle nomes e teléfonos de dúas persoas. Nun caso, Julio Flores afirma “le interesa mucho esta chica y ahora está de teleoperadora” e noutro caso “la mujer de un chico que trabaja en el Ayuntamiento”.

Ao día seguinte, 1 de setembro de 2011, Flores recibe unha SMS do responsábel da empresa dicindo que a primeira “no acepto, porque la acaban de hacer indefinida”. No caso da outra persoa, si que acepta, aínda que xa está traballando segundo transcende de outra conversa entre dúas persoas do grupo Vendex (“le dice que esta última ya está trabajando pero hay que hacer el paripé, es decir aunque no se incorpore a trabajar, tiene que firmar el contrato y darle el alta”).

Este é só un exemplo de moitas outras conversas que transcenderon do sumario da Operación Pokemon e que poñen de manifesto que tanto Julio Flores directamente, como o alcalde Carlos Negreira, a través de indicacións dadas a persoal de confianza do PP en María Pita, utilizaron os seus cargos públicos para intermediar na colocación de persoas afíns ao Partido Popular en empresas que prestan servizos no Concello da Coruña.

O clientelismo do PP de Negreira é xustificado por Julio Flores en base a unha mentira