Carril sobre NCG Banco: "A venda non tería lugar de sermos cataláns ou madrileños"

Carril sobre NCG Banco: "A venda non tería lugar de sermos cataláns ou madrileños"

xose 1A Coruña, 19 de decembro de 2013.- O portavoz do Grupo Municipal do BNG, Xosé Manuel Carril, pon de manifesto que a venda de Novagalicia Banco non tería lugar “de sermos cataláns ou madrileños, xa que La Caixa e Bankia non foron vendidas por seren declaradas estratéxicas para Cataluña e para España”. “Eles terán a súa propia banca e, pola contra, os galegos e galegas quedamos sen banca propia porque así o quixo o Partido Popular”, engade.

Carril acusa o PP de vender a entidade bancaria galega “a prezo de saldo, por 1.000 millóns de euros cando, previamente, lle foron inxectados 9.000 millóns con cartos de todos e de todas nós; é dicir, NCG Banco saneouse con cartos públicos para vendelo, a posteriori, a prezo de saldo”. Nesta liña, cualificou a venda de “auténtico negocio para a venezolana Banesco” e de “estafa para todas e todos nós”.

O BNG participa na concentración organizada en réxime de autoconvocatoria para mañá contra a venda de Novagalicia Banco

Pola outra banda, o BNG anuncia a súa participación na concentración, organizada en réxime de autoconvocatoria, que terá lugar mañá, venres, ás 20.30h, na rúa Nova, diante da sede central de NCG Banco contra a venda da entidade financeira galega.

Carril sobre NCG Banco: "A venda non tería lugar de sermos cataláns ou madrileños"