Carril: "Estamos moi orgullosos de evitar que a Aurelia Rei da súa casa e non temos medo"

Carril: "Estamos moi orgullosos de evitar que a Aurelia Rei da súa casa e non temos medo"

A Coruña, 4 de xuño de 2013.- En relación ao suposto expediente de sanción aberto pola mobilización contra o desafiuzamento da Sra. Aurelia Rei, o portavoz do Grupo Municipal do BNG, Xosé Manuel Carril, pon de manifesto que “a estes señores da España represora do Partido Popular, que lles quede moi claro: por moito que nos queiran criminalizar, non lles temos medo, porque non cometemos ningún delito nin infracción administrativa, e estamos moi orgullosos do que fixemos. E que fixemos? Axudar unha señora de 86 anos e evitar que a botaran da súa casa”. “Esta é a infracción administrativa que cometemos: axudar a Aurelia Rei”, salienta Carril, que xa se autoinculpara na causa das persoas denunciadas polo desaloxo de Aurelia Rei. “Sería interesante saber que sería da Sra. Aurelia se non tiver apoio cidadán, porque as institucións que a tiñan que protexer pasaron dela e a deixaban na rúa e en total indefensión”, sinala o portavoz nacionalista.

Xosé Manuel Carril expresa a solidariedade con todas as persoas supostamente expedientadas, entre as que se atopa, tamén, o portavoz do BNG no Parlamento de Galiza, Francisco Jorquera, e lembra que non se lle notificou en ningún momento a apertura deste expediente. De feito, os nacionalistas tiveron coñecemento desta información a través dun medio de comunicación. Carril declárase desexoso de que lle chegue a notificación para saber que infracción ou delito cometeron estas persoas que evitaron que se expulsara da súa casa unha señora de 86 anos.

Carril: "Estamos moi orgullosos de evitar que a Aurelia Rei da súa casa e non temos medo"