Carril: A concesión do guindastre e da ORA é unha ruína para o Concello e un negocio para a empresa

Carril: A concesión do guindastre e da ORA é unha ruína para o Concello e un negocio para a empresa

A Coruña, 16 de decembro de 2013.- O portavoz do Grupo Municipal do BNG pon de manifesto que “a concesión da ORA e do guindastre representan unha ruína para o Concello e un negocio moi beneficioso para a empresa concesionaria”. Así o demostra a liquidación aprobada en Xunta de Goberno Local o pasado venres, liquidación que volve ter como resultado un saldo negativo para o Concello. E é que entre xullo de 2012 e outubro de 2013 a concesión da ORA e do guindastre provocoulle ao Concello unhas perdas de 889.147,49 euros.

Carril apunta que esta concesión foi outorgada no 2005 coa previsión de obter excedentes. As cláusulas da concesión contemplaban que o servizo funcionaría con excedente económico, que sería repartido nun 95% para o Concello e nun 5% para a concesionaria en concepto de canon da concesión. Porén, esta concesión provócalle ao Concello continuas perdas. Lembra Carril que en só cinco anos, a ORA e o guindastre déronlle ao Concello como resultado un déficit de 3.161.196,68 euros.

Neste contexto, o portavoz do BNG insiste na necesidade de revisar a concesión, “que é algo que vén demandando o Bloque desde o ano pasado e é algo que non quere o PP”. Carril pon de manifesto que o BNG presentou unha moción na sesión plenaria de outubro de 2012 que foi directamente desbotada polo Partido Popular, quen nin sequera permitiu o debate desta iniciativa.

Período de Liquidación Liquidación para o Concello (€)

 

Novembro 2008 – Novembro 2009 - 617.135,52

Decembro 2009-Novembro 2010 - 515.171,03

Decembro 2010-Setembro 2011 - 621.509,01

Outubro 2011-Xuño 2012 -518.233,63

Xullo 2012-Outubro 2013 - 889.147.49

 

Carril: A concesión do guindastre e da ORA é unha ruína para o Concello e un negocio para a empresa