A candidatura do BNG-Asembleas Abertas representa #TodasAsCoruñas e o compromiso coa loita social

Aplausos a Djibi, un dos candidatos senegales do BNG-Asembleas Abertas
A candidatura do BNG-Asembleas Abertas representa #TodasAsCoruñas e o compromiso coa loita social

Nas primeiras filas, a candidatura do BNG-Asembleas Abertas

A Coruña, 26 de marzo de 2015- A asemblea aberta celebrada na tarde de hoxe aprobou por aclamación os nomes das persoas que forman parte do segundo tramo da listaxe e que completan a candidatura coa que o BNG-Asembleas Abertas se presentará ás eleccións municipais de maio. A pluralidade, a renovación e o compromiso coa loita social en defensa das clases populares caracterizan a totalidade da candidatura do BNG-Asembleas Abertas, encabezada polo profesor de Dereito da UDC e actual portavoz do BNG no Concello, Xosé Manuel Carril. A listaxe escollida é un reflexo de #TodasAsCoruñas, das moitas Coruñas que existen fóra da Coruña acomplexada, snob, elitista e excluínte do Partido Popular.

Ao igual que no primeiro tramo –que foi proposto en asemblea aberta o 20 de novembro de 2014-, este segundo tramo inclúe persoas de referencia no BNG e persoas independentes (non militantes do Bloque), todas elas activistas que encarnan as distintas loitas sociais na defensa das persoas maltratadas e empobrecidas pola crise. Os nomes elixidos na asemblea aberta foron os seguintes Manolo Vázquez (membro da plataforma de emigrantes retornados); Silvia Cristina Pereira (veciña do poboado da Pasaxe); Djiby Fall: migrante senegalés; Raquel Olveira (desempregada do telemárketing); Raúl Fernández (enxeñeiro Informático, técnico da Fegamp especialista en Administración Local e TICs e responsábel local do BNG); María Calvo (ensinante xubilada); David Soto (investigador en Dereito Procesual e activista social como membro de Esculca); Mercedes Queixas (profesora e escritora); Cheikh Faye (migrante senegalés e vendedor ambulante); Iolanda Naia (empregada do sector do Marketing e das RRSS e activista feminista); Iago Barcia (estudante de Filoloxía galega da UDC e activista do movemento estudantil nacionalista); Saleta Seixo (desempregada do sector do comercio téxtil); Julio Moskowich (traballador de Alcoa, empresa na que é delegado sindical); Beatriz Gómez Amigo (fundadora e primeira presidenta da Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica e membro de colectivos que traballan no ámbito da discapacidade); David Pena (avogado laboralista na CIG) e Manolo Monge (mestre xubilado, sociólogo, escritor e concelleiro do BNG no Concello da Coruña de 2003-2007). Pecha a candidatura un referente do nacionalismo: Pilar García Negro, membro do BNG desde a súa constitución, deputada no Parlamento de Galiza durante case tres lustros, profesora da UDC, ensaísta, entre outras moitas facetas salientábeis no seu dilatado e intenso labor como nacionalista galega.

Aplausos a Djibi, un dos candidatos senegales do BNG-Asembleas Abertas

A candidatura do BNG-Asembleas Abertas xurdiu logo dun proceso de asembleas abertas en que se propuxeron nomes e perfís para conformar a listaxe nacionalista. A raíz do proceso “Construíndo futuro”, incorporáronse á candidatura persoas non militantes do BNG baixo a garantía de diálogo, transparencia e cohesión, para vertebrar A Coruña cunha idea de país.

Na asemblea que tivo lugar esta tarde, ademais de aprobar a candidatura, acordáronse as principais liñas programáticas e proxectáronse os vídeos gravados por Carril no marco da campaña #TodasAsCoruñas.

Esta é a candidatura do BNG-Asembleas Abertas

1. Xosé Manuel Carril: Doutor en Dereito. Profesor titular do Dereito do Traballo e da Seguridade Social da UDC. Portavoz do Grupo Municipal do BNG no Concello da Coruña.

2. María Xosé Bravo: Profesora de Ensino Secundario. Concelleira do BNG no Concello da Coruña.

3. Marisol Mirás: Traballadora da UDC e activista no movemento feminista e veciñal. Independente.

4. Avia Veira: Filóloga. Concelleira do BNG no Concello da Coruña.

5. Anxo Sánchez: Mozo informático en desemprego e activista xuvenil.

6. Suso Bermello: Profesor de Ensino Secundario e sindicalista da CIG-Ensino.

7. Isabel Risco: Actriz

8. Fernando Souto: Presidente da Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica.

9. Tino Fernández: Traballador do sector do telemárketing e delegado sindical da CIG en Teleperformance. Independente.

10. María Seijo. Traballadora da sanidade pública, activista da Plataforma SOS Sanidade Pública e presidenta da Xunta de Persoal do CHUAC.

11. Manolo Vázquez: Membro da plataforma de emigrantes retornados.

12. Silvia Cristina Pereira: Veciña do poboado da Pasaxe. Independente.

13. Djiby Fall: Migrante senegalés. Independente.

14. Raquel Olveira: Desempregada do telemárketing.

15 Raúl Fernández: Enxeñeiro Informático, técnico da Fegamp especialista en Administración Local e TICs e responsábel local do BNG

16. María Calvo: Ensinante xubilada.

17. David Soto: Investigador en Dereito Procesual e activista social.

18. Mercedes Queixas: Profesora e escritora.

19. Cheikh Faye: migrante senegalés no desemprego.

20. Iolanda Naia: Empregada do sector do Marketing e das RRSS e activista feminista.

21. Iago Barcia: Estudante da UDC e activista do movemento estudantil nacionalista

22. Saleta Seixo: Desempregada do sector do comercio téxtil

23. Julio Moskowich: Traballador de Alcoa, empresa na que é delegado sindical pola CIG.

24. Beatriz Gómez Amigo: Fundadora e primeira presidenta da Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Comarca da Coruña, membro de colectivos que traballan no ámbito da discapacidade.

25. David Pena: Avogado laboralista na CIG

26. Manolo Monge: Mestre xubilado, sociólogo, escritor e concelleiro do BNG no Concello da Coruña de 2003-2007.

27. Pilar García Negro: Membro do BNG desde a súa constitución, deputada no Parlamento de Galiza durante case tres lustros, profesora da UDC, ensaísta.

A candidatura do BNG-Asembleas Abertas representa #TodasAsCoruñas e o compromiso coa loita social