Bravo sobre o Teresa Herrera feminino: "O PP só acerta cando rectifica"

Bravo sobre o Teresa Herrera feminino: "O PP só acerta cando rectifica"

A Coruña, 3 de outubro de 2013.- O Grupo Municipal do BNG alégrase de que o Goberno do Sr. Negreira rectificara o seu posicionamento e accedera, por fin, a emprazar o Deportivo a introducir no cartel do Teresa Herrera o fútbol feminino. A concelleira nacionalista, María Xosé Bravo, pon de manifesto que “o PP só acerta cando rectifica”. E é que no Pleno municipal de xuño, o Partido Popular impediulle ao BNG debater unha moción, elaborada a instancias da Asociación de Xogadoras de Fútbol coa colaboración de Mudegá (Mulleres Deportistas Galegas), para que o fútbol feminino deixara de ser o grande esquecido do prestixioso trofeo coruñés.

A concelleira María Xosé Bravo amosa a súa satisfacción polo cambio de opinión do Goberno municipal e reivindica que o Concello da Coruña promova o medre do fútbol feminino nunha sociedade que segue a ser machista. O acceso da muller ao mundo do fútbol, advirte, chegou tarde e está ateigado de dificultades. Salienta, ademais, a necesaria introdución das políticas de igualdade tamén no deporte.

Bravo sobre o Teresa Herrera feminino: "O PP só acerta cando rectifica"