O BNG traslada todo o seu apoio ao cadro de persoal de cerámicas do Castro

O BNG traslada todo o seu apoio ao cadro de persoal de cerámicas do Castro

A Coruña 13 de novembro de 2013. O BNG da comarca da Coruña cualifica de “extremadamente dura” a proposta da dirección de Cerámicas do Castro, do grupo Sargadelos, de prescindir de 27 persoas de 84 na planta do Castro, en Sada, -e doutras 41 persoas de 89 na planta de Cervo- nunha decisión que opta por prescindir do fondo cultural e o capital humano como valores mais importantes do proxecto fundado por Luís Seoane e Isaac Díaz Pardo.

Os nacionalistas ofrecen todo o seu apoio e solidariedade ao cadro de persoal de Cerámicas do Castro e de Sargadelos e pregúntanse se “despois de tres anos de EREs encadeados cuxas facturas pagaron exclusivamente as traballadoras e traballadores non haberá algunha factura da que sexan responsábeis os actuais e anteriores xestores do grupo”.

Os nacionalistas ofrecen todo o seu apoio e solidariedade ao cadro de persoal de Sargadelos e Cerámicas do Castro, animando a que defendan os seus dereitos coa mesma contundencia coa que os/as trata a patronal.

O BNG criticou a decisión da dirección de Sargadelos e Cerámicas do Castro de prescindir de 27 persoas da planta de Sada ao considerala “desproporcionada e inxusta” coas traballadoras e traballadores da cerámica que “sufriron varios EREs encadeados dende 2010 facéndolles perder postos de traballo, prestacións económicas e cotizacións sociais”, nuns durísimos esforzos para salvar a empresa que semella, “non viñeron acompañados dunha xestión empresarial eficaz e coherente coas esixencias impostas ao cadro de persoal.”

Dende o Bloque Nacionalista Galego poñen en cuestión aos actuais e anteriores xestores do grupo cerámico de quen descoñecen “cal é a súa estratexia empresarial, á vista das circunstancias e de que están prescindindo do fondo cultural e do capital humano que foron o principal valor deste proxecto empresarial e cultural”.

Por último, pregúntanse se o millón de euros ofrecido pola Consellaría de Economía en 2010 – 400.000 a fondo perdido e 600.000 nun crédito do IGAPE – “chegaron no tempo e na forma en que se prometeron” e en todo caso constatan que “ou non foron ben aplicadas ou non serviron para os fins previstos” e sobre isto tanto a Xunta como a empresa deberían dar explicacións pormenorizadas.

O BNG traslada todo o seu apoio ao cadro de persoal de cerámicas do Castro