O BNG transmítese o apoio ás persoas estafadas polas preferentes que foron identificadas

O BNG transmítese o apoio ás persoas estafadas polas preferentes que foron identificadas

A Coruña, 28 de maio de 2013.- O BNG da Coruña transmítelle o seu apoio ás persoas estafadas pola fraude das preferentes que foron identificadas este mediodía por amosar o seu malestar por este roubo na oficina central de Novagalicia Banco, en rúa Nova. As nacionalistas critican que a alta Dirección de Novagalicia Banco e o Partido Popular criminalicen e as lexítimas protestas destas persoas e amedrenten o colectivo afectado.

O BNG da Coruña pon de manifesto que as quitas aprobada polo Partido Popular, que cualifican como un golpe democrático ao pobo, está a exacerbar a indignación e a desesperación das persoas afectadas. Así, as nacionalistas fan responsábel o Goberno central, a Xunta de Galiza e o Goberno municipal das consecuencias sociais deste acto de violencia económica que supoñen as quitas.

O BNG transmítese o apoio ás persoas estafadas polas preferentes que foron identificadas