O BNG transmítelles o seu apoio @s traballador@s de Atento

O BNG transmítelles o seu apoio @s traballador@s de Atento

A Coruña, 9 de abril de 2013.- O BNG da Coruña transmítelles a súa solidariedade e apoio ás traballadoras de Atento, ás que a empresa lles vén de anunciar máis de 100 despedimentos, despedimentos que se suman aos provocados pola deslocalización da compañía cando era filial de telefónica.

As nacionalistas, que amosan o seu total rexeitamento á destrución de postos de traballo na nosa cidade, lamentan profundamente as consecuencias das devastadoras reformas laborais e dos recortes adoptados polo Partido Popular desde as distintas administración, uns recortes que só serven para engrosar o desemprego e para empobrecer o pobo. Lonxe de crear emprego, a reforma laboral do PP, tan aplaudida polo Sr. Negreira e pola conselleira coruñesa Beatriz Mato, destrúe postos de traballo e provoca precarización, provocando a asfixia do pobo e o enriquecemento da patronal.

O BNG espera unha actuación rápida do alcalde da Coruña para evitar a desaparición de máis postos de traballo na cidade e para defender as traballadoras.

O BNG transmítelles o seu apoio @s traballador@s de Atento