O BNG súmase á concentración [email protected] [email protected] de HP que traballan para ABANCA

O BNG súmase á concentración [email protected] [email protected] de HP que traballan para ABANCA

A Coruña, 8 de xaneiro de 2015- Tanto o Grupo Municipal do BNG da Coruña como o portavoz parlamentar do Bloque no Parlamento galego, Francisco Jorquera, participaron esta tarde na concentración convocada, diante da sede de ABANCA na rúa Nova, polos Comités de Empresa dos centros de traballo que Hewlet-Packard (HP) posúe na Coruña, que lle prestan todos os servizos de telemárketing e de xestión administrativa á ABANCA.

O motivo da concentración foi defender os 355 postos de traballo (220 persoas que traballan centro do polígono da Agrela e 135 persoas que traballan no polígono de Pocomaco) que agora mesmo corren perigo de desaparecer, así como as condicións laborais actuais, pois ABANCA prevé prescindir dos servizos prestados por HP para contrarllos á empresa Prosegur.

As nacionalistas salientan a necesidade de que o Concello da Coruña apoie a estes 355 traballadoras e traballadores, non só de xeito simbólico. Neste sentido, demandan que se ABANCA persiste na idea de eliminar a carga de traballo neses dous centros da Agrela e de Pocomaco, o Concello da Coruña debería repensar e reformular as súas políticas e relacións con esta entidade financeira.

Para o Bloque, este conflito laboral é consecuencia do proceso de privatización do aforro galego pois ABANCA actúa como unha entidade bancaria máis: non actúa nin con corazón nin con razón galega e non está preocupada nesa clave de responsabilidade social da que presume sobre o que pasa na súa contorna, senón que se move por cuestións puramente empresariais e por iso penden os 355 empregos.

O BNG súmase á concentración [email protected] [email protected] de HP que traballan para ABANCA