O BNG seguirá reclamando a devolución da parte da paga extra no Concello

O BNG seguirá reclamando a devolución da parte da paga extra no Concello

A Coruña, 21 de outubro de 2015. O Grupo Municipal do Bloque Nacionalista Galego no Concello da Coruña advirte que seguirá reclamando, a través da presentación de alegacións ao M1C/2015, o reintegro do 26,23 % da paga extra de 2012 que o Concello debe aboarlle ao funcionariado do Concello antes do remate deste ano, segundo o que estabelece o RD 10/2015.

O BNG seguirá reclamando, a través das alegacións ao M1C/2015, o reintegro antes do remate deste ano da parte da paga extra do 2012 retirada polo PP

Para as nacionalistas, onte, ao non resultar aprobado en Pleno o seu voto particular perdeuse unha oportunidade de recuperar e reservar os máis de catrocentos mil euros que se dan de baixa no M1C/2015 no Capítulo I. Gastos de Persoal para facilitar o aboamento da extra de 2012 ás traballadoras e traballadores municipais.

As nacionalistas sinalan que o Goberno municipal debe entender como prioritario recuperar os 400.000 euros que se dan de baixa no capítulo de Persoal no M1C/2015 para poder devolver antes de fin de ano o 26,23% da paga extra do funcionariado

“Se o Goberno municipal da Marea Atlántica e o Grupo Municipal Socialista teñen tanta vontade de pagarlle a extra de 2012 ao funcionariado como manifestaron onte no Pleno, deberan aceptar as alegacións que imos presentar ao modificativo para recuperar os cartos e permitir o pagamento do que lles corresponde por lei ás traballadoras e traballadores do Concello. Se verdadeiramente había razóns técnicas para non apoiar o noso voto particular e se hai vontade de falar sobre o que propoñíamos no voto particular, unha vez presentadas as nosas alegacións, podemos sentarnos a falar de como encaixar esta obriga de pagamento que estabelece o Real decreto 10/2015 de cara á aprobación final do modificativo”, manifesta Avia Veira.

O BNG seguirá reclamando a devolución da parte da paga extra no Concello