O BNG reivindica o abaratamento do bus urbano, un dos máis caros do Estado

O BNG reivindica o abaratamento do bus urbano, un dos máis caros do Estado

busesA Coruña, 5 de novembro de 2013.- Á vista de que a edila de Tráfico, Begoña Freire non negou un novo encarecemento das tarifas do bus urbano e á vista de que aínda non comezarían as negociacións entre Goberno municipal e a Compañía de Tranvías, o BNG reivindica que o Goberno do Sr. Negreira traballe, desde xa, nunha baixada no prezo do billete do bus. A diminución dos prezos, expoñen as nacionalistas, é factíbel e supón unha cuestión de vontade política, dado que a normativa permite revisar a fórmula de cálculo das tarifas, unha fórmula perversa que provoca que o bus suba cada ano, e tamén permite revisar a concesión outorgada á Compañía de Tranvías en 1986.

Lembra o BNG que, segundo a Organización de Consumidores e Usuarios (OCU), A Coruña é unha das cidades do Estado español co bus máis caro, “récord” do que é responsábel o Partido Popular, que no último ano aprobou un encarecemento dos billetes que vai do 5,8% da tarifa xenérica (até os 1,27 euros) ao 11,1% do bonobús universitario (até os 0,30 euros), ademais das subas das tarifas para as persoas pensionistas, con discapacidade, estudantado e para as usuarias do bonobús ordinario.

O BNG reivindica o abaratamento do bus urbano, un dos máis caros do Estado