O BNG reclama, a través dun rogo oral, a revisión de oficio de actos administrativos en Someso

O BNG reclama, a través dun rogo oral, a revisión de oficio de actos administrativos en Someso

A Coruña, 4 de marzo de 2013.- O Grupo Municipal do BNG tamén levou hoxe a Pleno un rogo oral en que solicita que se revisen de oficio, por causas de nulidade de pleno dereito, os seguintes actos e acordos sobre o sector S-7 de Someso: o acordo da Xunta de Goberno Local de 29.10.2004, de autorización á Xunta de Compensación do S-7 Recinto Feiral para materializar en metálico o aproveitamento municipal de cesión obrigatoria, así como o correspondente ao Concello como propietario de parcelas no ámbito; o acordo da XGL de 20.09.2005, de aprobación definitiva do Proxecto de Compensación do S-7 Someso, e o acordo da XGL de 03.02.2006, de subsanación de erros do Proxecto de Compensación do S-7 de Someso.

O pasado 8 de febreiro, o Grupo Municipal do BNG rexistraba unha solicitude a revisión de oficio destes actos e acordos administrativos relativos ao sector S-7 de Someso. Neste escrito, as nacionalistas advertíanlle ao alcalde da Coruña de que a revisión dos actos e acordos ilegais do S-7 Someso non é unha decisión discrecional, senón de obrigado cumprimento. Sinalaban, ademais, que de non facelo, podería estar incorrendo nunha prevaricación omisiva.

O BNG reclama, a través dun rogo oral, a revisión de oficio de actos administrativos en Someso