O BNG propón un banco de locais comerciais para potenciar o comercio

O BNG propón un banco de locais comerciais para potenciar o comercio

A Coruña, 11 de abril de 2015.- Un Banco Público de Locais Comerciais non só permitiría que as persoas interesadas poidan iniciar unha actividade comercial, senón que poidan continuar con ela. Desta maneira, sinalan as nacionalistas, un banco público de locais comerciais permitiría as persoas comerciantes afectadas pola fin dos arrendamentos de renda antiga puidesen continuar a súa actividade nestes tipo de locais.

Esta iniciativa na que levan insistindo as nacionalistas desde hai catro anos, e que volverán a incluír no seu programa electoral para as municipais de maio, consiste en elaborar unha listaxe de baixos comerciais baleiros e en desuso, tanto de propiedade do concello como de particulares, para a súa oferta en réxime de aluguer barato, por parte do Concello da Coruña que sería a entidade encargada da súa xestión.

Con este Banco Público de Locais Comerciais ademais de evitar o impacto da fin dos arrendamentos de renda antiga, revitalizaría un sector estratéxico da cidade, o do pequeno e mediano comercio, reactivando economicamente os barrios. Así, posibilitaría que aquelas persoas que non poden facer fronte ao prezo de aluguer dos seus negocios actuais poidan continuar con el e, para alén disto, promovería a posibilidade que xente que quere montar unha actividade comercial poida levala a cabo e incorporarse a esta actividade económica.

O BNG lembra que esta iniciativa que dinamizaría o sector contrasta co investimento realizado no plan de dinamización do comercio local durante o 2014 por parte do Goberno Local, no que se deixaron de gastar máis de 445 mil euros (dos 937.944,50 euros orzados) cando a situación do comercio nos distintos barrios da cidade é realmente complicada.

O BNG propón un banco de locais comerciais para potenciar o comercio