O BNG pregúntalle ao Sr. Negreira que vai facer co convenio asinado coa Federación Galega de Fútbol

O BNG pregúntalle ao Sr. Negreira que vai facer co convenio asinado coa Federación Galega de Fútbol

xose 2A Coruña, 10 de xaneiro de 2015.- O Grupo Municipal do BNG sinala que logo de lle agasallar á Federación Galega os terreos municipais de San Pedro de Visma, a ver que ten pensado o Sr. Negreira para saír desta enleada tras o manifestado polo seu compañeiro de partido, o Sr. Louzán, en relación co convenio asinado entre a Federación e o Concello da Coruña.

Por este convenio, ao que se opuxo o BNG, o Goberno do Sr. Negreira cedeulle á Federación Galega de Fútbol unhas parcelas municipais durante 75 anos para a construción, por parte deste ente privado, da súa sede institucional e mais dous campos de fútbol. Ademais desta cesión de balde, salientan as nacionalistas, o convenio sinala que as arcas municipais terán que soportar os gastos de mantemento dos campos de fútbol, cando estes non van ser de uso exclusivo do Concello.

As nacionalistas lembran, alén disto, que recentemente, o 11 de novembro de 2014, o Goberno municipal adxudicou o acceso norte aos campos de fútbol por 645.288 euros. Acceso que prestará servizo ao edificio da Federación Galega de Fútbol, pois remata, precisamente, en fronte do futuro inmoble en causa.

O BNG pregúntalle ao Sr. Negreira que vai facer co convenio asinado coa Federación Galega de Fútbol