O BNG pídelle ao Sr. Negreira que, fronte á Smart City, promova unha Coruña con nen@s intelixent@s

O BNG pídelle ao Sr. Negreira que, fronte á Smart City, promova unha Coruña con nen@s intelixent@s

A Coruña, 28 outubro de 2014- O Grupo Municipal do BNG recomendálle ao Goberno do Sr. Negreira que, no canto de publicitar a Smart City entre o estudantado, promova unha cidade con nenos e nenas intelixentes. Para isto, as nacionalistas emprazan o Goberno do Sr. Negreira a deixarse de gastar en propaganda da Smart City e a investir en libros de texto.

O Grupo Municipal do BNG informa o Goberno do Sr. Negreira de que hai familias con menores escolarizados en Bacharelato que non poden mercar os libros de texto e poden non contan con axuda para a compra de libros se a nota media do estudante en 4º da ESO foi menor de 5,5. Ademais, explícanlle que no caso de tratarse de persoas inmigrantes, non poden contar coa citada axuda nin para Formación Profesional nin para Bacharelato, independentemente da nota media que saquen.

As nacionalistas lamentan que o Partido Popular gaste os cartos públicos en proxectos baleiros de contido, como é a operación publicitaria Smart City, no canto de investir en educación e coñecemento do estudantado.

O BNG pídelle ao Sr. Negreira que, fronte á Smart City, promova unha Coruña con nen@s intelixent@s