O BNG pídelle ao Goberno municipal que acabe co abandono ao que ten sometido a Palavea

O BNG pídelle ao Goberno municipal que acabe co abandono ao que ten sometido a Palavea

A Coruña, 19 de agosto de 2013.- O Grupo Municipal do BNG vén de trasladarlle ao Goberno do Sr. Negreira as denuncias de veciñas que viven en Palavea sobre o estado de abandono que padece o barrio, con casas deshabitadas que presentan un alto grao de deterioramento e con rúas sen asfaltar. O descoido que sofre Palavea por parte do Goberno municipal provoca mesmo a proliferación de roedores.

 

 

Ante a preocupación da veciñanza, a concelleira Ermitas Valencia rexistrou unha batería de preguntas escritas nas que interpela o Goberno municipal sobre a situación do abandono do barrio. Ademais de preguntarlle se prevé arranxar as rúas de Palavea, interésase polas medidas que ten previsto acometer diante das casas abandonadas, que supoñen un perigo para o conxunto das veciñas.

O BNG pídelle ao Goberno municipal que acabe co abandono ao que ten sometido a Palavea