O BNG pediralle responsabilidades a Fomento polas eivas da EDAR de Bens

O BNG pediralle responsabilidades a Fomento polas eivas da EDAR de Bens

A Coruña, 9 de xaneiro de 2014.- O Bloque Nacionalista Galego sinala que despois de dez anos de espera para a construción e posta en marcha da EDAR de Bens, 112 millóns de euros de investimento e logo de dous anos do seu funcionamento, evidénciase o mal funcionamento como consecuencia do mal deseño e defectuosa construción, así como polos materiais empregados. Por isto o BNG pedirá explicacións e responsabilidades ao Ministerio de Fomento a través de iniciativas que levarán a cabo as súas deputadas no Parlamento español.

As nacionalistas salientan que as eivas e necesidades de mellora da instalación que recolle o informe da Estación Depuradora de Augas Residuais (EDAR) de Bens poñen de manifesto que eses problemas veñen provocadas polo mal deseño e defectuosa construción e a problemas de deterioro de uso dos materiais dada a pésima calidade destes.

O BNG afirma, finalmente, que quen ten que asumir os custes das eivas e necesidades de mellora da EDAR de Bens é quen a construiu e non os concellos da comarca.

O BNG pediralle responsabilidades a Fomento polas eivas da EDAR de Bens