O BNG organiza o acto "A loita pola insubmisión en Galiza" sobre a desobediencia civil

O BNG organiza o acto "A loita pola insubmisión en Galiza" sobre a desobediencia civil

A Coruña, 12 de xuño de 2013.- O Bloque Nacionalista Galego, en colaboración con Galiza Nova, convoca para mañá, xoves, ás 20h, no Mentireiro (Orillamar, 12), a conferencia, aberta a todo o público, “A loita insubmisión na Galiza”, a cargo de Pepe López Rei, profesor de Socioloxía da UdC, Ernesto López Rei, activista de Galiza Insubmisa e preso insubmiso, e Rubem Centeno Paradela, activista de Galiza Insubmisa. Segundo o responsábel de Organización do BNG na Coruña, David Pena, trátase dunha iniciativa que se enmarca nunhas xornadas máis amplas para “pensar no pasado, presente e futuro da desobediencia civil”.

Deste xeito, as nacionalistas recuperarán o que significou o movemento da insubmisión en Galiza na década dos oitenta e dos noventa. “Cando falamos de desobeciencia, as máis das veces a mente váisenos a América Latina, a Euskal Herria... E non pensamos en que non hai moitos anos centos de mozas e mozos ergueron, tamén en Galiza, un movemento rebelde e desobediente ao servizo militar obrigatorio”, sinala David Pena, quen lembra que moitos destes mozos foron enxuizados e cumpriron condenas en prisións militares e civís. “Para o BNG, a insubmisión supón un antes e un despois que, ademais, acabou conseguindo o obxectivo: a derrogación do servizo militar obrigatorio”, engade o responsábel de Organización do BNG da Coruña.

O BNG organiza o acto "A loita pola insubmisión en Galiza" sobre a desobediencia civil