O BNG lembra que alegou contra o PEPRI para que a veciñanza da Cidade Vella tivese un local

O BNG lembra que alegou contra o PEPRI para que a veciñanza da Cidade Vella tivese un local

A Coruña, 28 de xullo de 2014- O Grupo Municipal do BNG amosa a súa satisfacción pola aceptación por parte da Xunta de Goberno Local da cesión gratuíta do inmoble que albergaba o antigo goberno militar e que acollerá, entre outros, un local social e veciñal para que a Cidade Vella poida desenvolver as súas actividades. Trátase dunha demanda da veciñanza do barrio, nomeadamente da súa asociación veciñal, que constituía unha das alegacións das nacionalistas ao PEPRI.

Nestas reclamacións ao PEPRI, o Bloque solicitaba que se dotase a Cidade Vella dun local para centro social ou veciñal aproveitando a reserva dotacional pública. O propio documento de revisión recoñecía que faltaban dotacións sociais cando se afirmaba que "en canto ás dotacións a nivel local, o ámbito está altamente dotado no aspecto cultural deste tipo de dotacións (museos, salas de exposicións, teatros...) pero non tanto no aspecto social".

O BNG lémbralle ao Goberno do Sr. Negreira que, para tal fin, debe acometer os trocos pertinentes (de reserva de equipamento a equipamento cultural e socio-cultural) no PEPRI que está actualmente en tramitación.

O BNG lembra que alegou contra o PEPRI para que a veciñanza da Cidade Vella tivese un local