O BNG lamenta que o Estado se queira beneficiar da cidadanía co cárcere provincial

O BNG lamenta que o Estado se queira beneficiar da cidadanía co cárcere provincial

A Coruña, 18 de outubro de 2013.- O Grupo Municipal do BNG lamenta que o Estado (Dirección Xeral de Institucións Penitenciarias do Ministerio de Interior e a Sociedade Estatal de Infraestruturas e Equipamentos Penitenciarios) se queira enriquecer por conta da cidade no caso da antiga prisión provincial da Coruña por culpa dun convenio asinado por Paco Vázquez, xa denunciado no seu día polas nacionalistas por ser ilegal. Xa no ano 2005, cando Paco Vázquez asinou o convenio leonino con Institucións Penitenciarias, o BNG sinalaba que non había que regalarlle nin pagarlle nada ao Goberno central. Hai que lembrar que en virtude deste convenio o Concello debería aboarlle ao Estado os case 1,127 millóns de euros para compensar a diferenza do valor dos terreos permutados, a pesar de que o Estado xa se beneficaba da parcela para o Centro de Inserción Social. Precisamente por isto, o BNG presentara un voto particular na sesión plenaria en que se tomou coñecemento deste convenio denunciando que Paco Vázquez o asinara usurpándolle as competencias ao Pleno e prexudicando economicamente a cidadanía coruñesa.

É de lamentar que o Estado pretenda beneficiarse por conta da cidadanía cando é o gran beneficiado deste convenio ilegal. O Estado non só está a disfrutar da parcela municipal do Centro de Inserción Social de xeito gratuíto, senón que, ademais, pretende obter compensacións para que o Concello recupere a propiedade dun ben, que non hai que esquecer foi cedido gratuitamente polo Concello da Coruña ao Estado no 1925.

O BNG lamenta que o Estado se queira beneficiar da cidadanía co cárcere provincial