O BNG insta o Concello a revisar de oficio os convenios de Visma e Náutica

O BNG insta o Concello a revisar de oficio os convenios de Visma e Náutica

A Coruña, 23 de setembro de 2014.- Logo de darse a coñecer na Xunta de Goberno Local de onte as sentenzas do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza que anulan a liquidación de gastos de urbanización correspondente á cesión do 10% de aproveitamento municipal de San Pedro de Visma (1.876.599,71 €) e da Escola de Náutica (460.887,95 €), o grupo municipal do BNG considera necesario que o Concello da Coruña, se non quere perder os 2.337.487, 66 euros, revise de oficio os convenios e os proxectos de compensación do Plan de San Pedro de Visma (http://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2011/04/07/2011_0000004557.html) e do Polígono da Escola de Náutica (http://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2011/04/07/2011_0000004581.html). E isto tendo en conta que é o propio Tribunal Superior de Xustiza de Galiza quen o sinala, logo de anular a liquidación en cuestión, afirmando que o procedente sería revisar os convenios e acordos anteriormente sinalados.

Dado que son máis de 2 millóns de euros que deixa de percibir o Concello da Coruña e que supoñen un enriquecemento inxusto dos promotores, non se entende, sinalan as nacionalistas, que o concelleiro de Urbanismo diga que é unha cuestión de pouca importancia e valor.

 A anulación da liquidación de gastos de urbanización da cesión do 10% de aproveitamento municipal dos proxectos de compensación de San Pedro de Visma e do Polígono da Escola de Náutica

Cando o Concello aprobou os proxectos de compensación en 2011 estaba vixente a LOUG, que exime de gastos de urbanización ás parcelas onde se materializa a cesión obrigatoria do 10% do aproveitamento dos sectores de solo urbanizable (caso do S2 de San Pedro de Visma) ou solo urbano non consolidado (Polígono de Náutica). Deste modo, coa normativa vixente no momento de aprobación dos proxectos de compensación, o Concello non asumía os gastos de urbanización correspondente ao aproveitamento que lle cederon obrigatoriamente os promotores e que era do 10%.

Mais, a LOUG non estaba vixente cando o Concello da Coruña acordou cos promotores as permutas de aproveitamento a cambio, entre outras cousas, das ocupacións directas coa finalidade de executar os sistemas como o monte de San Pedro e Paseo Marítimo. E cando se fixeron tales permutas (2002 e 2003 para San Pedro de Visma e 2000 para a Escola de Náutica), o aproveitamento municipal valorouse coas cargas de urbanización, isto é, valorando menos do que valían aplicando a normativa posterior, a LOUG. No ano 2011 aprobáronse os Proxectos de Compensación, mais o Concello da Coruña non revisou estas valoracións e permutas acordadas en convenio, dado que aprobou os Proxectos, mantendo as valoracións e permutas realizadas e incluíndo un apartado para liquidarlles aos promotores beneficiados unha liquidación polos gastos de urbanización correspondentes ao 10%.

Por esta razón, o Tribunal Superior de Xustiza de Galiza resolve é anular tal liquidación.

Revisar de oficio os convenios e proxectos de compensación, segundo sinala o propio Tribunal Superior de Xustiza de Galiza, para evitar que os promotores se enriquezan con 2,3 millóns de euros

Malia anular a liquidación, é o propio Tribunal Superior de Xustiza de Galiza quen sinala que o procedente sería revisar os convenios e acordos anteriormente sinalados, afirmando literalmente o seguinte:

“Sin embargo, y examinando el acuerdo recurrido, se verifica que en el punto primero procede a aprobar definitivamente el proyecto de compensación presentado el 17 de marzo de 2011 por la junta de compensación del Sector S-2 San Pedro de Visma; para a continuación, en el punto quinto, proceder a requerir a una serie de particulares, personas físicas y jurídicas, para que en el plazo de seis meses desde la fecha del acuerdo de aprobación definitiva procedan a ingresar en las arcas municipales las cantidades que entiende les corresponden por la compensación al ayuntamiento por los gastos de urbanización relativos al 10% de cesión municipal. De forma que, con independencia de la cuestión de fondo, lo que resulta de las actuaciones es que existe una contradicción entre esos dos puntos porque no consta que el convenio haya sido denunciado ni revisado, sino que mientras por una parte se aprueba con el acto recurrido el proyecto de compensación sin gastos, a través del mismo acuerdo que es objeto del presente recurso, por otra parte, y sin revisar el convenio en su día aprobado, se modifica éste último al introducir ese deber de ingreso por los gastos de urbanización, sin proceder previamente a revisarlo de oficio; de donde se deriva la apreciación de un defecto de procedimiento….”.

O BNG insta o Concello a revisar de oficio os convenios de Visma e Náutica