O BNG explica o cambiazo de última hora no aparcadoiro das Conchiñas

O BNG explica o cambiazo de última hora no aparcadoiro das Conchiñas

A Coruña, 7 de febreiro de 2015.- O Grupo Municipal do BNG denuncia o cambiazo de última hora, feito onte polo Goberno Local, no aparcadoiro das Conchiñas respecto do proxecto licitado e adxudicado. E é que a licenza concedida na Xunta de Goberno Local altera de xeito significativo as condicións desta infraestrutura, nomeadamente o número de prazas e o orzamento de execución material.

Así as condicións desta obra son mudadas coa licenza urbanística outorgada onte para a execución das obras de ampliación deste aparcadoiro. En concreto altérase a superficie total construída, que agora pasa a ser de 6.893,93 m2 (antes era de 5.421 m2), o número de prazas de estacionamento, que pasa a ser de 227 (antes era de 185), e o orzamento de execución material, que pasa a incrementar en máis de un millón, concretamente 2.574.566 euros (antes era de 1.533.278 euros).

O BNG considera especialmente sorprendente que o Goberno municipal autorice agora (febreiro de 2015) un reformado e ampliación do aparcadoiro (en construción avanzada), cando EMVSA ten en trámite de adxudicación (o prazo de presentación rematou o 15/12/2014) a xestión privada do aparcadoiro, sinalando que o número de prazas do mesmo son 230, cando a licenza anterior do aparcadoiro (outorgada polo concello en maio de 2013) era de 185. En consecuencia, EMVSA licitou a xestión privada dun determinado número de prazas dun aparcadoiro (que tiña un total de 230) cando naquel momento o autorizado por licenza municipal era para un aparcadoiro de só 185 prazas.

O BNG explica o cambiazo de última hora no aparcadoiro das Conchiñas