O BNG exíxelle ao Goberno municipal que cubra as necesidades do barrio de Bens

O BNG exíxelle ao Goberno municipal que cubra as necesidades do barrio de Bens

A Coruña, 20 de outubro de 2013.- O Grupo Municipal do BNG formulou un rogo oral na sesión plenaria de novembro, que tivo lugar o pasado luns, en que reclama que o Goberno do Sr. Negreira atenda as demandas da veciñanza do lugar, que está a atravesar un momento de abandono. As necesidades que require Bens son tan básicas como a colocación de pasos de peóns, a comunicación en autobuses, o saneamento das beiras das estradas ou o arranxo dos camiños, sinala a concelleira do BNG Avia Veira na exposición de motivos da iniciativa.

Coñecedor de que Begoña Freire acude hoxe o barrio, o BNG espera que a visita da edil do PP sirva para que o Concello mellore a mobilidade en transporte público (entre outras medidas, coa prolongación das liñas dos buses de San Pedro de Visma a Bens) e que avance na seguridade viaria no lugar a través da instalación dun paso de peóns en Mazaído.

O BNG exíxelle ao Goberno municipal que cubra as necesidades do barrio de Bens