O BNG esíxelle ao Sr. Negreira que non se descoide na tramitación do PMUS

Unha das presentacións de buses novos diante do Pazo Municipal
O BNG esíxelle ao Sr. Negreira que non se descoide na tramitación do PMUS

A Coruña, 5 de febreiro de 2014.- O Grupo Municipal do Bloque Nacionalista Galego tivo coñecemento recentemente da “Nota informativa sobre cuestións procedimentais na concesión de subvencións ao transporte colectivo urbano interior, en aplicación da Lei 2/2011, de 4 de marzo, de economía sustentable, así como a Lei 22/2013, de 23 de decembro, de orzamentos xerais do estado para 2014.”

Nesta nota informativa, o Ministerio de Facenda e Administracións Públicas, a partir do 1 de xaneiro de 2014, condiciona a concesión de calquera axuda ou subvención ás Administracións autonómicas ou Entidades locais incluída na Lei de orzamentorenovacion_frota_busess xerais do estado e destinada ao transporte público urbano ou metropolitano, condicionarase a que a entidade beneficiaria disponía do correspondente Plan de Mobilidade Urbana Sustentábel e á súa coherencia coa Estratexia Española de Mobilidade Sustentábel.

O Plan de Mobilidade Urbana Sustentábel (PMUS) terá que estar aprobado para cando o Goberno Municipal solicite a subvención do Estado ao transporte colectivo urbano 

En consecuencia, di a nota, os concellos deberán acreditar que disponen do preceptivo Plan de Mobilidade Sustentábel debidamente aprobado con anterioridade á finalización do prazo de presentación de solicitudes.

Así, o BNG demándalle ao Goberno do Sr. Negreira que axilice os trámites para aprobar o Plan de Mobilidade Urbana Sustentábel se quere recibir a subvención do Estado, cuxa previsión irreal nos Orzamentos municipais para 2014 de 1.500.000 € debido á redución co paso dos anos, xa foi denunciada por este Grupo Municipal.

O Goberno municipal do Partido Popular non pode durmirse na tramitación do PMUS non vaia ser que o Concello da Coruña quede sen a subvención estatal e que, por conta das coruñesas e dos coruñeses, teñamos que pagarlle 1,5 millóns de máis á Compañía de Tranvías.

Sen novas do contido nin dos prazos de aprobación do Plan de Mobilidade Urbana Sustentábel

Diante dunha pregunta oral formulada no Pleno do pasado luns 3 de ferbreiro polo Bloque Nacionalista Galego en relación con isto, a concelleira de Mobilidade, a Sra. Freire non contestou cando se aprobaría o PMUS nin informou sobre o seu contido, aínda descoñecido para o pobo coruñés.

As nacionalistas denunciaron no Pleno que nada se sabe do contido nin dos prazos de aprobación do Plan malia que o documento está rematado, tal e como indica un decreto asinado polo alcalde o pasado 26 de decembro de 2013, ao que tivo acceso este Grupo Municipal, e no que resolve “a aprobación do Plan de Mobilidade Urbana Sustentábel da Coruña […] sen prexuízo de que este poida ser sometido á consideración da Xunta de Goberno Local e/ou Pleno Municipal, garantindo e ampliando a súa participación pública e difusión.”

O BNG esíxelle ao Sr. Negreira que non se descoide na tramitación do PMUS