O BNG empraza o alcalde a manter a parada do bus do CEIP Ramón de la Sagra

O BNG empraza o alcalde a manter a parada do bus do CEIP Ramón de la Sagra

A Coruña, 19 de outubro de 2012.- O concelleiro Xan Caxigal presentou esta mañá un rogo no que insta o alcalde a realizar as xestións oportunas diante do Goberno da Xunta de Galiza para manter a parada do autobús escolar de As Cadeas, que levaba en funcionamento os últimos 25 anos para transportar os nenos e nenas ao CEIP Ramón de la Sagra. Así Caxigal chama o Goberno municipal a corrixir o cambio da parada e a defender os intereses da comunidade educativa da cidade, diante de actuacións arbitrarias como esta.

“Criterios de reorganización ou administrativos están a impedir que, despois de 25 anos de funcionamento desta liña de transporte escolar, unha ducia de rapaces e rapazas poidan acceder con normalidade ao seu centro educativo”, sinala Caxigal, que se fai eco, así, das demandas dos pais e das nais, que lamentan que o Goberno da Xunta desoia as súas peticións e aplique certas normas con excesivo rigor.

O BNG empraza o alcalde a manter a parada do bus do CEIP Ramón de la Sagra