O BNG denuncia o desprezo do PP pola ría do Burgo

O BNG denuncia o desprezo do PP pola ría do Burgo

A Coruña, 21 de xaneiro de 2015- O Grupo Municipal do BNG insiste en denuncia o desprezo do Partido Popular pola ría do Burgo e polo colectivo de mariscadores e mariscadoras logo de coñecer que nos últimos tres anos o Goberno central investiu só 72.000 euros na rexeneración da ría. O BNG pon de manifesto que esta achega ridícula demostra a ultraxe do Sr. Negreira cara a ría do Burgo despois das numerosas declaracións de intencións de cara á galería.

O desprezo do PP cara a ría do Burgo puido comprobarse, tamén, na súa actitude coa visita dos europarlamentarios, cualificada polo alcalde como “paripé” e cuxo informe de conclusións foi torpedeado en todo momento polo Partido Popular. Outra mostra oron os orzamentos da Xunta e do Estado para o 2015, unhas contas que non destinan nin un só euro á rexeneración da ría do Burgo.

Neste contexto, o Grupo Municipal do BNG advirte de que o Sr. Negreira renuncia a apostar pola creación de emprego. E é que a rexeneración faría da ría un sector económico capaz de crear postos de traballo e riqueza. Porén, a súa política de gastos en festas leva o pobo da Coruña a máis paro e máis emigración.

O BNG denuncia o desprezo do PP pola ría do Burgo