O BNG denuncia a colocación de asentos de granitos no parque infantil de Puga e Parga

O BNG denuncia a colocación de asentos de granitos no parque infantil de Puga e Parga

parqueA Coruña, 9 de xaneiro de 2015.- O Grupo Municipal do Bloque Nacionalista Galego denuncia, tras recoller as queixas de varias familias, que a instalación de asentos de granito no parque infantil dos xardíns de Puga e Parga, recentemente inaugurados tras as obras de mellora, non son para nada adecuados para un espazo lúdico para a infancia, cos conseguintes riscos de posíbeis danos para as crianzas.

Este mobiliario de granito que se encontra en distintas partes do espazo infantil, e que evidentemente non amortece nin absorbe ningún impacto, non foi contemplado, salientan as nacionalistas, na xustificación do cumprimento do Decreto 245/2003 sobre normas de seguridade nos parques infantís que se encontra na memoria do proxecto. Normativa esta de obrigado cumprimento e que ten por obxecto regular as normas mínimas de seguridade e prevención de accidentes que deben reunir os parques infantís e as áreas de xogo para a infancia.

O BNG denuncia a colocación de asentos de granitos no parque infantil de Puga e Parga