O BNG demándalle ao Goberno que actúe ante a situación do aparcadoiro do mercado de Monte Alto

O BNG demándalle ao Goberno que actúe ante a situación do aparcadoiro do mercado de Monte Alto

A Coruña, 5 de febreiro de 2014.- O Grupo municipal do BNG vén de denunciar, a través dunha iniciativa no pasado pleno, a situación na que se encontra o aparcadoiro do mercado de Monte Alto e urxe o Concello a actuar de inmediato ante o seu estado.

O aparcadoiro subterráneo do mercado de Monte Alto componse de dous and20140124 Mercado MA 007 (1)ares, o primeiro é explotado por unha cadea de alimentación e o segundo abeira prazas de estacionamento en réxime de aluguer. A situación actual é que despois de moitos tempo (a reforma que sufriu o mercado hai anos non atinxiu nin aos exteriores da planta baixa nin os sotos) a impermeabilización da planta baixa non funciona, provocando filtracións de auga ao aparcadoiro subterráneo, e o pavimento existente no exterior da planta baixa do mercado está a desfacerse, provocando fochancas, xa que se permite a entrada de camións de reparto.

Sinalan as nacionalistas que ao non actuar polo exterior, levantando todo o pavimento e realizando unha nova impermeabilización, téñense colocado, para evitar as pingueiras interiores, chapas metálicas ou uralitas de plástico por baixo dos forxados e derivalas a unha rede de canalóns. Mais isto, aínda que evita que caia auga sobre as persoas e os coches, humedece os armados e provoca a súa ferruxe, fracturando e fisurando o formigón, provocando desprendementos de formigón cos riscos que isto pode ocasionar sobre as persoas e sobre os vehículos que alí estacionan. As nacionalistas urxen a que se repare todo isto se non se quere ter problemas maiores nun futuro.

Tamén advirte, o BNG, que a rede de saneamento actual non funciona axeitadamente, o que é habitual que haxa inundacións na segunda planta do aparcadoiro por mor de descargas de certas baixantes do saneamento provocando que alén da auga sobre a superficie de aparcadoiro, aparezan numerosos restos de orixe animal como escamas de peixe. Ademais, existen canles que verten auga continuamente mesmo cando non chove ou non hai actividade ou unha baixante pertencente á escola infantil existente nos andares superiores que nos días que chove moito tamén verte no aparcadoiro.

Por todo isto, as nacionalistas presentaron no pasado pleno toda unha batería de preguntas nos que se interesan pola situación do aparcadorio e sobre que accións está a desenvolver o Goberno municipal.

O Goberno municipal segue a facer ouvidos xordos sobre a situación que padece a praza do mercado

Esta situación dos aparcadoiros xúntase á denuncia reiterada polas nacionalistas nos últimos meses sobre a situación que tamén padece a praza do mercado, a cal se anega cada vez que chove, xa que o seu firme cada día está peor, e que o Goberno municipal fai ouvidos xordos. Así cando chove, as pozas que se crean duran días o que motiva que a praza non poida ser empregada como espazo público ou que as veciñas e veciños teñan que levar pranchas de cartón para pór baixo os pés co fin de illalos da auga. Ademais o BNG ven sinalando a caída de pluviais nos espazos de descanso da praza e pide que se habilite unha zona de xogos, xa que a actual zona infantil está inservíbel.

O BNG demándalle ao Goberno que actúe ante a situación do aparcadoiro do mercado de Monte Alto