O BNG da Coruña pon buses para facilitar a asistencia á manifestación contra a mina de Corcoesto

O BNG da Coruña pon buses para facilitar a asistencia á manifestación contra a mina de Corcoesto

A Coruña, 30 de maio de 2013.- O BNG da comarca da Coruña organiza un desprazamento en autobús (5 euros) para facilitar a masiva asistencia das coruñesas á manifestación nacional contra a minaría salvaxe, unha mobilización que apoian as nacionalistas e que sairá da Alameda de Compostela este o domingo ás 12h.

Os buses partirán da Praza da Palloza ás 10.15h, pararán en Vilaboa (Vila Melania) ás 10.25h e en Carral ás 10.30h e regresarán unha vez remate a mobilización. Para anotarse, é preciso enviar un mail a [email protected] ou chamar ao 981168977 ou ao 646 383 050 (até esgotar prazas).

A superficie afectada pola mina de Corcoesto equivale a 716 campos de fútbol

O BNG da comarca da Coruña explica que o proxecto mineiro de Corcoesto afectará 7.736.000 m2, o equivalente a 716 campos de fútbol e moverá ao ano 23 millóns de toneladas de terra. De feito, advirte de que para producir unha soa onza de ouro terán que moverse 79 toneladas de terra. Ao consumo de auga de 2.800.000.000 litros súmase o uso diario de 1,49 toneladas de cianuro. Outros dos impactos será o desvío do río Lourido en 2.740 metros e as balsas situadas a 200 metros das vivendas máis próximas. E todo isto, salientan as nacionalistas, co apoio e patrocinio da Xunta de Galiza.

As nacionalistas alertan de que o cianuro sodio usado a nivel industrial é un dos velenos máis potentes que pode causar danos irreparábeis ás persoas e ao medio ambiente. Pode afectar ao aparato respiratorio e aos sistemas cardiovascular, gastrointestinal, neurolóxico, ocular e dérmico.

O BNG da Coruña pon buses para facilitar a asistencia á manifestación contra a mina de Corcoesto