O BNG critica "o fracaso máis absoluto do PP" en materia de chabolismo

O BNG critica "o fracaso máis absoluto do PP" en materia de chabolismo

A Coruña, 18 de decembro de 2013.- Ante as declaracións do concelleiro de Servizos Sociais en que alardea da xestión do seu departamento na erradicación do chabolismo, a concelleira do BNG María Xosé Bravo advirte do fracaso máis absoluto da Concellaría de Servizos Sociais nesta materia e acusa o Goberno do Sr. Negreira de enganar a cidadanía e de ir ao rebufo das tarefas que desenvolven as ONGD que traballan co colectivo xitano.

María Xosé Bravo apela aos orzamentos de 2014 para demostrar a nulo traballo do Sr. Negreira en materia de chabolismo. A concelleira do BNG salienta que as contas de 2014 son unha emenda á totalidade do Partido Popular sobre a súa propia actuación en materia de chabolismo. Así, sinala que o PP lle saca ao Secretariado Xitano o Plan especial de erradicación do chabolismo (un total de 330.000 euros) para darllo obra Social de Novacaixagalicia, banco cuxa venda é inminente. Ademais, afirma que o Programa Acceder pasa de contar con 95.000 euros a contar con 32.500 euros e salienta que a partida para adquirir vivendas sofre un recorte de 100.000 euros, ao pasar de 200.000 a 100.000 euros.

Tamén alude a nacionalista a que os rapaces e rapazas que viven nos poboados chabolistas non poden facer uso do comedor escolar nin das actividades extraescolares porque non existe transporte escolar para trasladalas ás súas casas unha vez finalizado o comedor ou as actividades extraescolares.

 

O BNG critica "o fracaso máis absoluto do PP" en materia de chabolismo