O BNG anima a participar na manifestación unitaria "Galiza pola República e polo dereito a decidir"

O BNG anima a participar na manifestación unitaria "Galiza pola República e polo dereito a decidir"

nonameA Coruña, 18 de xuño de 2014- O BNG da comarca da Coruña anima a cidadanía a se sumar á manifestación unitaria que se celebrará baixo o lema “Galiza pola República e polo dereito a decidir”, unha mobilización que partirá mañá, xoves, ás 20h, da Casa do Mar da Coruña até a Delegación do Goberno, na praza de Ourense, onde se lle dará lectura ao manifesto conxunto das organizacións que participarán no acto.

A manifestación, auspiciada pola Comisión da Recuperación da Memoria Histórica e da que forma parte o BNG como unha das organizacións convocantes, terá lugar de xeito simultáneo ás mobilizacións que terán lugar ao longo de Galiza e que están concertadas con organizacións nacionalistas de Cataluña e Euskal Herria.

O BNG aspira a poder artellar unha República propria na Galiza, unha nación que vén sufrindo con forza as consecuencias negativas que emanaron desde o centralismo estatal e que precisa ter a liberdade de decidir sen estar sometida a un modelo de estado esgotado. Para o BNG os pasos cara o futuro están claros e pasan polo inicio de procesos constituíntes nas nacións que compoñen o estado español, que traten con valentía todas estas cuestións.

Neste sentido, o Bloque Nacionalista Galego presentou no Congreso unha emenda de totalidade ao proxecto de lei orgánica de abdicación do en que se reclamaba a celebración dun referendo consultivo para someter á decisión democrática un novo modelo político e institucional no que se recoñeza a soberanía das nacións e o dereito a decidir, ademais dun pronunciamento sobre a Xefatura do Estado.

 

O BNG anima a participar na manifestación unitaria "Galiza pola República e polo dereito a decidir"