O BNG anima a cidadanía a subir ao tren este domingo

O BNG anima a cidadanía a subir ao tren este domingo

A Coruña, 25 de outubro de 2013.- O BNG da comarca da Coruña anima a cidadanía a se subir ao tren nunha viaxe reivindicativa convocada pola Plataforma en Defensa do Tren A Coruña-As Mariñas para este domingo, 27 de outubro. As nacionalistas, que forman parte da plataforma, poñen de manifesto que este acto simboliza o rexeitamento aos recortes en materia ferroviaria, así como a destrución e precarización de empregos no sector.

O BNG, que reivindica un tren de proximidade na nosa comarca que reduza o uso de vehículos, reclama tamén prezos asequíbeis e máis frecuencias para promover o uso dos camiños de ferro.

O tren desta viaxe reivindicativa partirá ás 11h da estación coruñesa de San Cristovo e chegará ás 11.36h á estación de Betanzos-Cidade, de onde sairá unha manifestación que culminará cun acto na Praza do Campo.

O BNG anima a cidadanía a subir ao tren este domingo