O BNG alégrase de que saia adiante o proxecto para dotar a veciñanza da Cidade Vella dun local

O BNG alégrase de que saia adiante o proxecto para dotar a veciñanza da Cidade Vella dun local

A Coruña, 8 de agosto de 2014- En relación co aprobado pola Xunta de Goberno Local esta mañá sobre o inmoble do antigo goberno militar, Grupo Municipal do BNG alégrase de que avance o proxecto para dotar a veciñanza da Cidade Vella dun local social e veciñal, co fin de que o barrio poida desenvolver as súas actividades. O Grupo Municipal do BNG amosa a súa satisfacción por que as obras do local avancen na medida en que o local veciñal é dunha demanda da veciñanza da Cidade Vella, nomeadamente da súa asociación veciñal, e na medida en que esta reivindicación forma parte das alegacións do Bloque ao PEPRI.

Así, o Grupo Municipal do BNG solicitaba nas alegacións ao PEPRI que se dotase a Cidade Vella dun local para centro social ou veciñal aproveitando a reserva dotacional pública. O propio documento de revisión do PEPRI recoñecía que faltaban dotacións sociais cando se afirmaba que "en canto ás dotacións a nivel local, o ámbito está altamente dotado no aspecto cultural deste tipo de dotacións (museos, salas de exposicións, teatros...) pero non tanto no aspecto social".

Agora, lembra o BNG, o Goberno do Sr. Negreira debe acometer os trocos pertinentes (de reserva de equipamento a equipamento cultural e socio-cultural) no PEPRI que está actualmente en tramitación.

 

O BNG alégrase de que saia adiante o proxecto para dotar a veciñanza da Cidade Vella dun local