O BNG advirte de irregularidades no concurso de socorrismo e salvamento

O BNG advirte de irregularidades no concurso de socorrismo e salvamento

A Coruña, 20 de maio de 2015- A raíz de queixas recibidas de aspirantes a ocupar unha praza de socorrismo, o Grupo Municipal do BNG denuncia irregularidades na convocatoria para a selección e contratación para o servizo de salvamento e socorrismo nas praias da Coruña, un servizo contratado polo Goberno do Sr. Negreira externamente.

O BNG informa de que a principios de maio se deu a coñecer a listaxe co baremo de puntuación e as persoas aprobadas xunto co que se supón que era unha listaxe de agarda de cara a posíbeis substitucións. Porén, na mesma data en que se deu a coñecer a listaxe anunciouse unha segunda convocatoria. Deste xeito, no lugar de contar coas persoas que ficaron á espera de ser seleccionadas, abriuse unha segunda convocatoria.

Neste contexto, o BNG sinala que, habitualmente, cando ten lugar unha oposición, as persoas que non superan a selección fican nunha lista de agarda e tírase desta lista até esgotala ou até o ano seguinte. De aí que as nacionalistas non entendan o porqué da nova convocatoria.

O BNG advirte de irregularidades no concurso de socorrismo e salvamento