O BNG acusa o Sr. Negreira de "submiso" ao pedirlle á Xunta tan só 5,9 millóns para servizos sociais

O BNG acusa o Sr. Negreira de "submiso" ao pedirlle á Xunta tan só 5,9 millóns para servizos sociais

María Xosé Bravo 2A Coruña, 26 de xuño de 2014- A Xunta de Goberno Local acordou, na mañá de hoxe, darlle luz verde á solicitude das axudas da Consellaría de Benestar destinadas á prestación de servizos sociais polas corporacións locais, a realizar polo Concello da Coruña en 2014. Así, o expediente da Xunta de Goberno Local pon de manifesto que o Sr. Negreira tan só lle pide á Xunta de Galiza 5,9 millóns de euros, a metade do que solicitaba o anterior goberno, que no 2011 pedira 11,2 millóns de euros para subvencións, tal e como se amosa na táboa que se xunta.

 

Solicitude de axudas á Xunta de Galiza para servizos sociais comunitarios

2011                        2014                  Diferenza

Persoal                                  2.663.408                1.854.351             -809.057

Axuda no fogar                      6.245.523                2.635.000            -3.610.523

Xestión programas e outros     2.348.768                1.430.600               -918.168

TOTAL                                   11.257.699              5.919.951            -5.337.748

 

Á vista do expediente, a concelleira do BNG María Xosé Bravo denuncia a diferenza de 5,3 millóns de euros respecto do que pedira o anterior goberno en 2011, máxime tendo en conta o contexto de grave crise en que nos atopamos. A edila nacionalista sinala que esta solicitude de subvencións á baixa reflicte a submisión do Sr. Negreira ao Goberno de Feijóo. Tamén afirma que os tesoirazos da conselleira coruñesa Beatriz Mato contan co beneplácito do Goberno do Sr. Negreira, que no canto de exixirlle á Xunta o que á cidadanía lle corresponde, solicítalle moito menos para non pór en evidencia os tesoirazos.

A concelleira do Bloque lembra que, segundo a resolución públicada no DOG o 26 de febreiro de 2014, a partida destinada a financiar os gastos para o mantemento e realización de programas de Servizos Sociais Comunitarios do Concello da Coruña, correspondentes ao exercicio 2013, sufriu un recorte próximo ao 10%, pasando de 617.936 no ano 2012 a 569.834 no 2013. Sinala que as axudas recibidas en 2010 ascenderan a 1.092.397 euros e en 2011, a 597.306 euros.

O BNG acusa o Sr. Negreira de "submiso" ao pedirlle á Xunta tan só 5,9 millóns para servizos sociais