Amais da multa de 600€ por evitar o despexo de Aurelia, Carril terá que pagar 700€ en costas

Amais da multa de 600€ por evitar o despexo de Aurelia, Carril terá que pagar 700€ en costas

carrilA Coruña, 29 de xaneiro de 2015- O Xulgado do Contencioso Administrativo nº4 da Coruña vén de confirmar a través dunha sentenza a sanción económica de 600 euros imposta ao portavoz municipal do BNG, Xosé Manuel Carril, por tratar de evitar o desafiuzamento da Sra. Aurelia, de modo que dá por válidas acusacións incertas da policía nacional. Ademais, o Xulgado vai máis alá e impónlle, sorpresivamente, a Carril unhas costas aínda maiores que a propia multa, de 700 euros, cando o normal sería que as costas fosen de menor contía que a sanción. Así, de non recorrer, o portavoz do Grupo Municipal do BNG tería que facer fronte a uns gastos de 1.300 euros por participar nas mobilizacións que trataban de impedir o despexo de Aurelia en febreiro de 2012.

Carril sinala que a tutela xudicial efectiva non pode implicar que o feito de acudir aos tribunais sexa aínda máis caro que pagar unha sanción económica imposta por cuestionar, desde o exercicio dos dereitos fundamentais, as políticas de empobrecemento e asfixia social do Partido Popular. Precisamente, para evitar que a xente multada se desanime a recorrer xudicialmente as sancións impostas pola súa loita social por medo a ter que pagar máis nos tribunais, o portavoz do Grupo Municipal do BNG transmite a súa decisión de recorrer esta sentenza.

Amais da multa de 600€ por evitar o despexo de Aurelia, Carril terá que pagar 700€ en costas