As alegacions do BNG ao Modificativo estaban fundamentadas

As alegacions do BNG ao Modificativo estaban fundamentadas

A Coruña, 25 de novembro de 2015.- A respecto do adiamento do acordo sobre o modificativo de crédito, o Grupo Municipal do BNG sinala que se podía ter evitado se o Goberno local tivese tomado en serio e tivese estudado o seu voto particular, votado en Pleno o 20 de outubro, e as súas alegacións, presentadas o 12 deste mesmo mes.

O BNG sinala que o adiamento do acordo sobre o M1C/2015 podía terse evitado se o Goberno local tivese tomado e estudado en serio o seu voto particular e as súas alegacións

Así pois, o Grupo Municipal do BNG sinala que xa advertira, tanto no seu voto particular como nas súas alegacións ao M1C/2015, que o pagamento do 26,23% da extra de 2012 ao funcionariado é unha obriga estabelecida no artigo 1 do RD 10/2015.

avia_no_pleno“Tamén no artigo primeiro do real decreto estabelécese que deberá facerse se a situación económico-financeira do Concello así o permite mais como excepción recolle que cando a situación económico da Administración Pública non o permitir poderá facerse no primeiro exercicio orzamentario en que dita situación o permita: porén, tal e como indican o interventor xeral e o secretario, o Goberno local non acreditou tal situación, razón pola cal se adiou o punto da orde do día do Pleno que tivo lugar onte”, lembran as nacionalistas.

É por isto que o BNG sinala que se podía ter evitado a retirada do asunto no Pleno de onte e se o Goberno local tivese estudado seriamente o seu voto particular ao M1C/2015 e as súas alegacións, que procuraban a aplicación do RD 10/2015 e a recuperación da extra ao funcionariado do Concello, no lugar de ver unha “intención do BNG de obstaculizar o labor de Goberno”, tal e como dixo o propio alcalde na sesión plenaria que tivo lugar o 20 de outubro.

As alegacions do BNG ao Modificativo estaban fundamentadas