215.931,73 euros en recoñecementos extraxudiciais para pagar gastos máis que previsíbeis

215.931,73 euros en recoñecementos extraxudiciais para pagar gastos máis que previsíbeis

A Coruña, 2 de outubro de 2013.- O Grupo Municipal do BNG sinala que o Goberno local planifica mal os ingresos e os gastos, como demostra a aprobación do proxecto dun segundo modificativo de crédito o pasado luns en Xunta de Goberno Local extraordinaria para pagar facturas de gastos máis que previsíbeis -como as subministracións de enerxía para edificios municipais ou os dereitos de autor das actuacións gratuítas-, senón que o Goberno do Sr. Negreira dota por segunda vez nun suplemento de crédito, un convenio para o que o Concello da Coruña non prevía achega económica ningunha.

As nacionalistas salientan que o modificativo de crédito a aprobar inicialmente no vindeiro pleno non vén máis que a evidenciar a ineficiente xestión e mala previsión do Goberno municipal. E é que 135.592,51 euros son para pagar recoñecementos extraxudiciais de obrigas xeradas no propio mandato do Partido Popular, en concreto corresponden a facturas do ano 2012. Ademais, subliñan as nacionalistas, o Goberno local levará ao Pleno un recoñecemento extraxudicial de créditos do IMCE por importe de 80.366,22 para pagar dereitos de autor das actividades gratuítas desenvoltas polo Concello durante o ano 2012.

Alén disto, o Bloque Nacionalista Galego, critica que o Goberno local dote por segunda vez, a través dun suplemento de crédito, un protocolo asinado entre o Concello da Coruña, a Fundación Emalcsa, a Cámara de Comercio e a Fundación Instituto Cameral, por un importe de 60.000 euros (no primeiro modificativo aprobado en xullo deste ano dotárase cun crédito extraordinario de 140.000 euros que saían de dar de baixa a convocatoria de subvencións a fondo perdido a iniciativas empresariais de emprego, por valor de 180.000 euros, e que tiñan como obxectivo fomentar a creación de empresas, o autoemprego e, en xeral, o fomento da actividade empresarial) que teoricamente, segundo decreto de alcaldía de 3 de maio de 2013, non supuña achega económica ningunha e que se destinan a un viveiro de empresas de titularidade privada e financiado con cartos públicos, a través do Concello e dos fondos FEDER.

215.931,73 euros en recoñecementos extraxudiciais para pagar gastos máis que previsíbeis