2015: A traca final do dispendio

2015: A traca final do dispendio

carlos negreira e losadaA Coruña, 3 novembro de 2014- O Grupo Municipal do BNG cualifica o 2015 como o ano da traca final do dispendio de cartos públicos nas obras da Mariña. Nesta liña, o Bloque pon de manifesto que os orzamentos municipais de 2015, ano electoral, serán os orzamentos dos máis de 10,59 millóns de euros a gastar no despilfarro dunhas actuacións opulentas e innecesarias que contrastan co abandono ao que o Goberno do Sr. Negreira somete os barrios, que quedarán “a dúas velas”.

As nacionalistas fan alusión o informe do interventor de 20 de marzo de 2014 en relación á adenda segunda ao convenio de colaboración entre o Concello da Coruña e a Autoridade Portuaria para o desenvolvemento da mobilidade da dársena da Mariña e do Parrote (achégase dixitalizado), na que reparaba sobre este compromiso de gasto de máis de 10,5 millóns de euros para o orzamento de 2015. No informe, o interventor salienta, literalmente, que “Los 10.593.387,62 € que restarían por facer efectivo el montante total global de aportación municipal (16,5 millones de €) se incluyen en la anualidad del 2015, lo que supone un compromiso de gasto futuro, que obligará a su consignación definitiva en el presupuesto del 2015 al encontrarse ya previsto y aprobado en el Anexo de Inversiones, en la anualidad del 2015, del vigente Presupuesto Municipal 2014”.

O Grupo Municipal do BNG prognostica que cos orzamentos de 2015 acontecerá o mesmo que aconteceu cos orzamentos de 2014, en que o Goberno do Sr. Negreira renunciou a inxectar cartos para que A Coruña fose unha cidade de emprego, benestar e motor de desenvolvemento económico e social e teimou en destinar o investimento público na zona da Mariña e do Parrote en detrimento dos barrios, cuxo estado é de abandono.

2015: A traca final do dispendio