A xustiza volve a darlle a razón ao BNG pola Agra de Santo Amaro

Vista da Agra de Santo Amaro
A xustiza volve a darlle a razón ao BNG pola Agra de Santo Amaro

Por segunda vez o Tribunal Superior de Xustiza de Galiza confirma que a decisión de febreiro de 2011 de denegar as licenzas para construír en Santo Amaro era correcta.

A sentenza 196/2014 é a segunda sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza sobre este asunto, tendo en conta que este propio Tribunal xa se pronunciara en igual sentido na súa sentenza 153/2014 de 20 de febreiro.

Vista da Agra de Santo Amaro

O Grupo Municipal do BNG tivo hoxe coñecemento, logo da Xunta de Goberno Local, dunha senteza do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza na que por vez segunda vez este tribunal confirma a decisión do Goberno anterior, do que formaba parte o BNG, de denegar licenzas para a construción na APE H2.01 de Santo Amaro co fin de protexer a Torre de Hércules e a súa contorna. Lémbrese que a primeira vez foi coa sentenza do propio Tribunal número 153/2014 de 20 de febreiro, xa dada a coñecer no seu día (11 de marzo de 2014) polo Bloque Nacionalista Galego.

E nesta segunda ocasión, o Tribunal Superior de Xustiza de Galiza reitera a súa doutrina. Trátase da sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza 196/2014 de 27 de febreiro de 2014. O fallo da sentenza confirma que a resolución de 25 de febreiro de 2011, dictada pola Xunta de Goberno Local do Excmo. Concello da Coruña e pola que se lle denegou solicitude de licenza de obras, a fin da construción de TRINTA E DÚAS (32) VIVENDAS –coas correspondentes prazas de garaxe-, na parcela C-1 do APE H2.01 Agra de Santo Amaro, que está no ámbito de protección da Torre de Hércules, era totalmente correcta.

Esta sentenza do TSXG o que fai é confirmar a sentenza de instancia, de 1 de marzo de 2013, pola que se desestimaba un recurso contencioso administrativo contra a resolución da Xunta de Goberno Local de 25 de febreiro de 2011 que acordara denegar a licenza coa finalidade de protexer o ámbito da Torre.

O BNG salienta que esta sentenza é firme e que contra a mesma non cabe interpor recurso ordinario ningún. 

A xustiza volve a darlle a razón ao BNG pola Agra de Santo Amaro